Programas

Andaina PSM xestiona 2 Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) situados en Dodro (con autorización administrativa dende novembro de 2012) e en Ordes (con autorización administrativa dende setembro de 2014).

O CRPL é un dispositivo de atención psicolóxica, social e ocupacional de carácter ambulatorio que vai dirixida a persoas con diagnóstico de trastorno mental persistente de entre 16 e 60 anos de idade, ofrecendo unha atención terapéutica integral e personalizada nas diferentes áreas da vida da persoa que favoreza a súa autonomía persoal e a integración social e laboral.

Ambos Centros actúan como dispositivos de atención diúrna en horario de mañá, e de tarde un día á semana. Nos CRPL as persoas dispoñen dos servizos de atención individual e da participación en actividades rehabilitadoras de carácter grupal.

Información, Orientación e Asesoramento

Atención domiciliaria

Escola de familias

Igualdade

Ocio e integración comunitaria

Prevención de suicidio

Apoio integral

Sensibilización social

Voluntariado