Misión

A Asociación ANDAINA PSM (Pro Saúde Mental) agrupa a persoas con problemas de saúde mental, a familiares e achegados das mesmas, e a outras persoas comprometidas cos fins da Asociación, que comparten o propósito de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, preferentemente na súa contorna rural.

 

Para o desenvolvemento do seu propósito, ANDAINA PSM traballa no ámbito da promoción da saúde mental, a provisión de apoios integrais ás persoas con problemas de saúde mental e nomeadamente a súa inserción laboral, dende enfoques de dereitos e valores éticos, e metodoloxías baseadas na evidencia científica.

Visión

Para desenvolver a súa misión, a entidade leva traballando dende 2010, ano da súa constitución.

ANDAINA PSM asume o compromiso social que lle corresponde e formula a seguinte visión de futuro para o ano 2026:

ANDAINA PSM aspira en 2026 a ser unha asociación que contribúa a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental ofrecendo apoios dende un modelo de intervención específico.

Para acadar esta aspiración, ANDAINA PSM contará cunha asentada estrutura organizativa, unha xestión por procesos, e un Centro Especial de Emprego que achegará un valor significativo á misión da entidade.

Con tal fin acadará os recursos de todo tipo necesarios para despregar a súa estratexia.

Valores

Compromiso: a nosa causa é un asunto persoal

Mantemos un compromiso de entusiasmo e responsabilidade cos fins da asociación incorporando o coñecemento, experiencia e innovación como guía na mellora calidade de vida nas persoas que vén a súa saúde mental afectada.

Compromiso

De todas as persoas integrantes coa misión da Asociación, mantendo unha actitude de ilusión e entusiasmo cos fins que desenvolve e adaptando o seu labor aos retos, demandas e necesidades que presenta a nosa sociedade.

Calidade

Estamos comprometidas co desenvolvemento de programas, a prestación de servizos e a elaboración de produtos de calidade, os cales son froito do coñecemento, a experiencia acumulada e a innovación como guía.

Coherencia:

Temos a vontade de aliñar os nosos pensamentos, os nosos valores e as nosas accións de cara a consecución dos fins da Asociación.

Eficiencia:

Aspiramos a un uso responsable de todos os recursos dispoñibles, sexan económicos, materiais, e tamén humanos; respectando tanto o medio ambiente como a saúde comunitaria.

Centralidade da persoa: a persoa é o importante

Defendemos a cidadanía de pleno dereito das persoas con problemas de saúde mental acompañándoas na construción dun proxecto vital satisfactorio e propio. Recoñecemos as súas capacidades, necesidades e intereses particulares e respectamos a súa individualidade.

Protagonismo da persoa:

Acompañamos o proceso vital das persoas dende unha perspectiva integral respectando a súa autodeterminación coa finalidade de apoiar o desenvolvemento dunha vida con significado.

Respecto:

Cremos na capacidade das persoas para decidir sobre a propia vida á hora de desenvolver un proxecto vital satisfactorio, potenciando a súa máxima autonomía. Recoñecemos, aceptamos e apreciamos as persoas polo feito de ser, a un tempo iguais e a un tempo diferentes.

Inclusión:

Defendemos que as persoas con problemas de saúde mental teñan os mesmos dereitos e oportunidades de participación na sociedade, recoñecendo as súas necesidades e intereses particulares e respectando a súa individualidade.

Apertura: estamos preto da necesidade

Procuramos a maior apertura posible na atención ás persoas que ven a súa saúde mental afectada. Ofrecemos unha intervención integral, próxima e accesible, garantindo a non discriminación e unha comunicación comprensible e eficaz.

Participación:

Estamos comprometidas coa creación e mantemento de canles e espazos de comunicación fluídos e eficaces entre todos os estamentos da Asociación, de forma que todas as persoas integrantes teñan voz e vías para dirixir as súas demandas, suxestións e aspiracións.

Universalidade:

Prestamos atención a todas as persoas con problemas de saúde mental sexa cal sexa a súa orixe, xénero binario ou non binario, cultura, situación socioeconómica e administrativa.

Proximidade:

Poñemos a disposición das persoas con problemas de saúde mental os nosos recursos e servizos no seu propio contexto, aspirando a maior accesibilidade posible.

Transparencia:

Desexamos que a nosa comunicación sexa clara e comprensible para todas as persoas, guiada por criterios obxectivos e acorde aos valores que defende a Asociación.

Inconformismo: non nos conformamos, non nos rendemos

Adaptamos o noso labor aos retos, demandas e necesidades que presenta a sociedade facendo un uso eficiente e innovador dos recursos dispoñibles. Continuaremos traballando para propiciar os cambios que consideramos de xustiza para mellorar a vida das persoas con problemas de saúde mental e por tanto, para mellorar a nosa sociedade.

Inconformismo:

Continuaremos traballando para propiciar os cambios que consideramos de xustiza para mellorar a vida das persoas con problemas de saúde mental e por tanto, para mellorar a nosa sociedade.

Rúa Emilia Pardo Bazán, nº14

C.P. 15680 – Ordes (A Coruña)

Vigo, nº 138 (A Paxareira)

C.P. 15981 – Dodro (A Coruña)