ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

É unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2010 e agrupa persoas con problemas de saúde mental, a familiares e persoas achegadas das mesmas, así como a outras persoas comprometidas cos fins da Asociación que comparten o propósito de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, preferentemente na súa contorna rural.

Centros de Rehabilitación Psicosocial Laboral

Dispositivos de atención psicolóxica, social e ocupacional de carácter ambulatorio dirixida a persoas con diagnóstico de trastorno mental severo. Ofrécense os seguintes servizos: Rehabilitación Psicosocial + Ocio e Integración comunitaria + Sensibilización social + Orientación Laboral + Servizo de Transporte

Apoio Integral

O obxectivo xeral deste programa é contribuir ao empoderamento psicosocial das persoas con trastorno mental crónico a través do establecemento dun sistema de apoios no contexto natural (comunidade, domicilio, etc.)

Intervención familiar

Programa de intervención psicosocial e educativa dirixido ao núcleo familiar e/ou de convivencia de persoas con trastorno mental crónico

En(PODER)arte - Programa de igualdade

Programa que ofrece servizos especializados de apoio para o fomento da autonomía persoal e benestar das mulleres con problemas de saúde mental, facilitando unha igualdade de oportunidades efectiva

CAPAZitando

Este programa estrutúrase como un servizo de orientación formativo-laboral específico para a mellora da empregabilidade das persoas con trastorno mental no rural

FALAMOS?

Programa integral no ámbito rural para a detección e intervención en risco de suicidio

Información, orientación e asesoramento

Información, orientación e asesoramento personalizado a persoas con problemas de saúde mental, ás súas familias e achegados/as, a profesionais da contorna e á sociedade en xeral para a prevención e asistencia en materia de saúde mental

Atención Domiciliaria

Este programa ten a finalidade de achegar os recursos psicosociais á contorna máis próxima das persoas con problemáticas de saúde mental a través da atención no propio domicilio

Voluntariado

O voluntariado é un axente activo na intervención acompañando ás persoas no seu proceso de recuperación e actuando socialmente como correa de transmisión da realidade que viven as persoas con trastorno mental, rompendo o estigma asociado a través da súa vivencia e colaboración. Contamos contigo?

Ordes

Rúa Emilia Pardo Bazán, nº14

C.P. 15680

981 07 64 05

Dodro

Vigo, nº 138 (A Paxareira)

C.P. 15981

981 80 20 79 – 650 27 08 24

Misión

A asociación Andaina PSM agrupa a persoas con problemas de saúde mental, a familiares e achegados das mesmas, e a outras persoas comprometidas cos fins da Asociación, que comparten o propósito de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, preferentemente na súa contorna rural.

Visión

ANDAINA PSM aspira en 2026 a ser unha asociación que contribúa a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental ofrecendo apoios dende un modelo de intervención específico.

Para acadar esta aspiración, ANDAINA PSM contará cunha asentada estrutura organizativa, unha xestión por procesos, e un Centro Especial de Emprego que achegará un valor significativo á misión da entidade.

Con tal fin acadará os recursos de todo tipo necesarios para despregar a súa estratexia.

Valores

Compromiso: a nosa causa é un asunto persoal

Centralidade da persoa: a persoa é o importante

Apertura: estamos preto da necesidade

Inconformismo: non nos conformamos, non nos rendemos

A Nosa Estrutura

Xunta Directiva

Presidenta

María Luisa Neira Souto

Vicepresidenta

Omaira Tuirán Ruiz

Secretario

Juan E. Mosquera Vidal

Vicesecretaria

Inmaculada C. Ferreiro Iglesias

Tesoureira

Yolanda Martínez Taboada

Vogal

Rosa Hermida González

Vogal

Asunción Tourís Reboiras

Doutra banda, o equipo Técnico de Andaina PSM está composto por 11 profesionais dos ámbitos social e sanitario, sendo unha integradora social, catro educadoras sociais, dúas traballadoras sociais, dúas psicólogas, un formador e un relación laborais.

Andaina PSM está integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) dende o ano 2012.

xunta directiva

Organigrama

Asamblea de Socios

"

Xunta Directiva

"

Coordinadora Xeral

"

Coordinadora Actividades

"

Centro Especial de Emprego

"

Responsable Administración

"

Directoras CRPL

"

Monitores/as Talleres

"

Director Técnico

"

Empregados

"

Equipo Terapéutico

Empregados

"

Empregados

QUE FACEMOS?

Andaina PSM xestiona 2 Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) situados en Dodro (con autorización administrativa dende novembro de 2012) e en Ordes (con autorización administrativa dende setembro de 2014).

CRPL é un dispositivo de atención psicolóxica, social e ocupacional de carácter ambulatorio que vai dirixida a persoas con diagnóstico de trastorno mental persistente de entre 16 e 60 anos de idade, ofrecendo unha atención terapéutica integral e personalizada nas diferentes áreas da vida da persoa que favoreza a súa autonomía persoal e a integración social e laboral.

Ambos Centros actúan como dispositivos de atención diúrna en horario de mañá, e de tarde un día á semana. Nos CRPL as persoas dispoñen dos servizos de atención individual e da participación en actividades rehabilitadoras de carácter grupal.

ARTETERAPIA

A arteterapia é unha forma de terapia que utiliza a expresión artística, como a pintura e a escultura, para axudar ás persoas a mellorar o seu benestar emocional e mental.

Nas sesións de arteterapia, os pacientes traballan cun arteterapeuta para explorar as súas emocións, afrontar o trauma e mellorar a súa autoestima a través da arte.

Esta forma de terapia úsase en diversos ámbitos, desde hospitais ata escolas, e pode beneficiar a persoas de todas as idades axudándoas a comunicarse e comprender os seus sentimentos dunha forma segura e estruturada.

Transparencia

01

Documentación da entidade

Nesta sección poderás consultar os estatutos, regulamentos e outra documentación relevante da nosa asociación. Apostamos pola transparencia e o acceso claro a toda a información institucional.

02

Memorias Económicas

Publicamos as nosas memorias económicas de forma periódica para que calquer persoa interesada poda coñecer cómo xestionamos os nosos recursos. Creemos nunha xestión responsable e aberta.

02

Memorias Económicas

Publicamos as nosas memorias económicas de forma periódica para que calquer persoa interesada poda coñecer cómo xestionamos os nosos recursos. Creemos nunha xestión responsable e aberta.

03

Memoria de Actividades

Aquí encontrarás un resumo das actividades que realizamos ao largo do ano. Talleres, charlas, encontros e todo aquelo que nos axudou a crecer como comunidade.

calendario

04

Información de Axudas

Se queres saber sobre axudas, subvencións ou recursos sociais, neste espacio ofrecémosche información actualizada para que podas acceder ao apoio que necesitas.

04

Información de Axudas

Se necesitas orientación sobre axudas dispoñibles, subvencións ou recursos sociais, neste espacio ofrecémosche información actualizada para que podas acceder ao apoio que necesitas.

calendario