Quen somos?
A Asociación ANDAINA PSM
agrupa a persoas con problemas de saúde mental, a familiares e achegados das mesmas, e a outras persoas comprometidas cos fins da Asociación, que comparten o propósito de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, preferentemente na súa contorna rural.
Para o desenvolvemento do seu propósito
ANDAINA PSM traballa no ámbito da promoción da saúde mental, a provisión de apoios integrais ás persoas con problemas de saúde mental e nomeadamente a súa inserción laboral, dende enfoques de dereitos e valores éticos, e metodoloxías baseadas na evidencia científica.
Visión
Valores
Compromiso: a nosa causa é un asunto persoal
Mantemos un compromiso de entusiasmo e responsabilidade cos fins da asociación incorporando o coñecemento, experiencia e innovación como guía na mellora calidade de vida nas persoas que vén a súa saúde mental afectada.
Compromiso
De todas as persoas integrantes coa misión da Asociación, mantendo unha actitude de ilusión e entusiasmo cos fins que desenvolve e adaptando o seu labor aos retos, demandas e necesidades que presenta a nosa sociedade.
Coherencia:
Temos a vontade de aliñar os nosos pensamentos, os nosos valores e as nosas accións de cara a consecución dos fins da Asociación.
Calidade
Estamos comprometidas co desenvolvemento de programas, a prestación de servizos e a elaboración de produtos de calidade, os cales son froito do coñecemento, a experiencia acumulada e a innovación como guía.
Eficiencia:
Aspiramos a un uso responsable de todos os recursos dispoñibles, sexan económicos, materiais, e tamén humanos; respectando tanto o medio ambiente como a saúde comunitaria.
Centralidade da persoa: a persoa é o importante
Defendemos a cidadanía de pleno dereito das persoas con problemas de saúde mental acompañándoas na construción dun proxecto vital satisfactorio e propio. Recoñecemos as súas capacidades, necesidades e intereses particulares e respectamos a súa individualidade.
Protagonismo da persoa:
Acompañamos o proceso vital das persoas dende unha perspectiva integral respectando a súa autodeterminación coa finalidade de apoiar o desenvolvemento dunha vida con significado.
Respecto:
Cremos na capacidade das persoas para decidir sobre a propia vida á hora de desenvolver un proxecto vital satisfactorio, potenciando a súa máxima autonomía. Recoñecemos, aceptamos e apreciamos as persoas polo feito de ser, a un tempo iguais e a un tempo diferentes.
Inclusión:
Defendemos que as persoas con problemas de saúde mental teñan os mesmos dereitos e oportunidades de participación na sociedade, recoñecendo as súas necesidades e intereses particulares e respectando a súa individualidade.
Apertura: estamos preto da necesidade
Procuramos a maior apertura posible na atención ás persoas que ven a súa saúde mental afectada. Ofrecemos unha intervención integral, próxima e accesible, garantindo a non discriminación e unha comunicación comprensible e eficaz.
Participación:
Estamos comprometidas coa creación e mantemento de canles e espazos de comunicación fluídos e eficaces entre todos os estamentos da Asociación, de forma que todas as persoas integrantes teñan voz e vías para dirixir as súas demandas, suxestións e aspiracións.
Proximidade:
Poñemos a disposición das persoas con problemas de saúde mental os nosos recursos e servizos no seu propio contexto, aspirando a maior accesibilidade posible.
Universalidade:
Prestamos atención a todas as persoas con problemas de saúde mental sexa cal sexa a súa orixe, xénero binario ou non binario, cultura, situación socioeconómica e administrativa.
Transparencia:
Desexamos que a nosa comunicación sexa clara e comprensible para todas as persoas, guiada por criterios obxectivos e acorde aos valores que defende a Asociación.
Inconformismo: non nos conformamos, non nos rendemos
Adaptamos o noso labor aos retos, demandas e necesidades que presenta a sociedade facendo un uso eficiente e innovador dos recursos dispoñibles. Continuaremos traballando para propiciar os cambios que consideramos de xustiza para mellorar a vida das persoas con problemas de saúde mental e por tanto, para mellorar a nosa sociedade.
Inconformismo:
Continuaremos traballando para propiciar os cambios que consideramos de xustiza para mellorar a vida das persoas con problemas de saúde mental e por tanto, para mellorar a nosa sociedade.
Dirección
Rúa Emilia Pardo Bazán, nº14
C.P. 15680 – Ordes (A Coruña)
Vigo, nº 138 (A Paxareira)
C.P. 15981 – Dodro (A Coruña)